Presentación en Noia de “Casas Baratas”, o último libro de Antón Riveiro Coello

Casas Baratas
A editorial Galaxia, o Concello de Noia, La Voz de Galicia e mais Barbantia, presentaron CASAS BARATAS, de Antón Riveiro Coello, que coincidiu coa saída do número 12 do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”.
O acto contou coa participación de Antonio Pérez Insua, alcalde de Noia; Víctor Freixanes, escritor e director da Editorial Galaxia; Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia; Agustín Agra, escritor gañador do Pedrón de Ouro; e Antón Riveiro Coello, autor do libro; e tivo lugar o venres, 24 de febreiro, ás 20’30 h., na Casa de Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia,

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario

Barbantia presentou na Pobra o libro “El monte o la muerte”

macias
O Concello da Pobra do Caramiñal, La Voz de Galicia e mais a Asociación Cultural “Barbantia” colaboraron na presentación do libro El monte o la muerte, do escritor Santiago Macías, que coincidiu coa saída do número 11 do suplemento cultural A Voz de Barbantia,
O acto contou coa participación de Antonio González, concelleiro de Cultura da Pobra do Caramiñal; o profesor Xesús Laíño; Carlos Mosteiro, escritor e vicepresidente de Barbantia; e Santiago Macías, autor do libro. E tivo lugar o venres, 27 de xaneiro, ás 20 h., no Auditorio do Museo Valle-Inclán, da Pobra do Caramiñal,

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario

Barbantia deséxalles unhas boas festas

nadal
Preme na imaxe para ver a felicitación de Barbantia

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario