O xene da chuvia, presentouse en Rianxo

Oxenedachuvia

O secretario de Barbantia e profesor de filosofía, Xosé Ricardo Losada, presentou “O xene da Chuvia“, o seu primeiro libro de relatos. O acto tivo lugar en Rianxo, o pasado 9 de decembro, na Casa de Cultura “Cuartel Vello”, e parciparon Pedro Piñeiro Hermida (Alcalde de Rianxo), Antón Riveiro Coello (Presidente de Barbantia), Anxo Angueira (escritor) e mais o autor. Máis dun cento de persoas ateigaron a Casa de Cultura do Cuartel Vello para recibir esta interesante proposta literaria que vén recollida na Voz e en Vieiros.

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario

Barbantia presenta o primeiro número do Anuario de Estudos do Barbanza

presentacionanuario

O luns 5 de decembro na Casa de Cultura “Ramón Martínez López”, Barbantia presentou o primeiro número do Anuario de Estudos do Barbanza, un dos obxectivos principais da asociación. Noticia. Se queres coñecer algo dos contidos preme aquí.

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario

Barbantia recibe o premio da ABE á mellor Asociación do Ano

A Asociación Boirense de Empresarios distingue a Barbantia como mellor asociación do ano xusto cando está a piques de celebrar o seu primeiro aniversario coa edición do Anuario de Estudos do Barbanza. Noticia.

Publicado en Sen tema | Deixa un comentario