O luns 5 de decembro na Casa de Cultura “Ramón Martínez López”, Barbantia presentou o primeiro número do Anuario de Estudos do Barbanza, un dos obxectivos principais da asociación. Noticia. Se queres coñecer algo dos contidos preme aquí.
A Asociación Boirense de Empresarios distingue a Barbantia como mellor asociación do ano xusto cando está a piques de celebrar o seu primeiro aniversario coa edición do Anuario de Estudos do Barbanza. Noticia.

O sábado 26 de novembro, ás 19’30 h., na Casa de Cultura de Muros, Barbantia e La Voz de Galicia acudirán ao Concello de Muros para presentaren o nº 9 do seu suplemento A Voz de Barbantia. Así mesmo, farase a presentación da antoloxía bilingüe “Das sonorosas cordas” e poderemos asistir a un concerto da Orquestra de Cámara de Galicia.
O acto contará coa participación de Caridad González Cerviño, alcaldesa de Muros; Xosé Ramón Farinós, concelleiro de Cultura; Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia; Olivia Rodríguez González, antóloga do libro; Estíbaliz Espinosa, poeta, e Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia.
|
|||||||||
| L | M | Mr | X | V | S | D | |||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | |||
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | |||
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | |||
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | |||
| 29 | 30 | 31 | |||||||
Axenda deKieran O'Shea