Barbantia en Muros “Poesía e Música”

Das sonorosas cordas

O sábado 26 de novembro, ás 19’30 h., na Casa de Cultura de Muros, Barbantia e La Voz de Galicia acudirán ao Concello de Muros para presentaren o nº 9 do seu suplemento A Voz de Barbantia. Así mesmo, farase a presentación da antoloxía bilingüe “Das sonorosas cordas” e poderemos asistir a un concerto da Orquestra de Cámara de Galicia.

O acto contará coa participación de Caridad González Cerviño, alcaldesa de Muros; Xosé Ramón Farinós, concelleiro de Cultura; Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia; Olivia Rodríguez González, antóloga do libro; Estíbaliz Espinosa, poeta, e Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia.

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario

Dosier de Prensa de Barbantia

Acabamos de pór en marcha o dosier de prensa de Barbantia onde recollemos as noticias reflictidas na prensa e que fan referencia á asociación. Podes acceder a el dende a sección Que é Barbantia?.

Publicado en Novidade na Web de Barbantia | Deixa un comentario

María Mariño, Manuel María e Borobó, tres figuras relevantes da nosa cultura, terán rúa en Boiro

Manuel María, María Mariño e Uxío Novoneira

Barbantia propón o nome de tres rúas para tres figuras relevantes da cultura galega e cuns vínculos especiais co concello de Boiro: María Mariño, Manuel María e Borobó. A noticia vén recollida en La Voz de Galicia e o escritor Maxi Olariaga opina tamén do tema no seu artigo Dende Fóra

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario