Maio rematará cunha intensa fin de semana literaria en Rianxo

fidel-vidal-foto.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Espiral Maior e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro de Fidel Vidal O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio, nun acto que terá lugar o venres 27 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, e no que estarán presentes, ademais do autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, director de Espiral Maior; Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega; Milagros Torrado, secretaria de Barbantia; e Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo en funcións.

airinos-foto.jpg

Así mesmo, a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Centro Cultural “Simón Varela” de Asados, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, o grupo de teatro “Airiños” e o Concello de Rianxo convídante á presentación do libro Cadro Artístico: Airiños. 75 aniversario, nun acto que terá lugar no Auditorio de Rianxo o sábado 28 de maio, ás 19:00 horas. Estarán presentes, entre outros, Xosé Luís Axeitos e Xesús Santos.

Esta entrada foi publicada en Actividade de Barbantia. Garda a ligazón permanente.