A anónima face de bela durminte supura desacougo. A espida princesa cóbrese coa manta da literatura máis tópica. No cuarto branco, princesa, pensas no sufrimento do que xa foi escrito. Ti tamén eras unha princesa. Eras. Fuches. El xa non te agardará no leito. Agora a estrela es ti, única actriz nesta farsa xunto co teu guión. Quéimao. Asà o lume iluminarache a cara e poderei saber quen es. Ergue a cabeza. Por que chora unha muller coma ti? Dona de sombreiros ampulosos, coa plumaxe pegada a pel e o sorriso dos felices anos vinte aÃnda cargados de excesos, “Miñas Donas, meus Señores, isto é o paraÃso”, dicÃas; mentÃas. Eran noites de disfrace aquelas nas que me bicabas a sen pedÃndome pinceladas de gloria. Agora estás soa e espida, coa pequena duna de seos agromándoche do corpiño. Apértache, non si? Sácao. Ãspete para min, pequena musa, farei unha bonita paisaxe do teu corpo púbere. AÃnda que te arrinques a pel o teu abafado corazón non deixará de suar. Pintareite máis tarde.
Sinto o frÃo do teu leito a pesares do mudo hieratismo no que estás sumida. É un xeo asasino que só as camas pechadas conservan. Sinto ese fedor a soidade, á naftalina de sabas. Tes medo a enfrontarte á dona de negro e procuras un acompañante. Non che vallo, Alina? Desexas durmir, caer no inconsciente e morrer un chisquiño, o xusto para anhelar abrir os ollos de novo, volver á vida. Sentas no leito da noite a agardar o pasamento. Mais non saes de aquÃ. Péchaste nese fodido cuarto de pensión. Revélasteme como a musa da inspiración, un torrente romántico que me baleira a mente. Xordes no cuarto branco cos beizos pintados dun vermellón dionisÃaco e pretendes que faga de ti unha mártir. A única cruz que atopo é a figura das túas coxas pechadas. Recorro coa vista o teu ventre sinuoso e dou co ethos grego, a harmonÃa e a proporción con nome de muller, princesa Alina. Es a Lolita de Nabokov, incendiaria de sentimentos e vÃtima de burdeis. Pásoche as mans polo infinito cabelo roxo e pechas os ollos; mentres, intento descubrir os teus pensamentos, a razón espida desa tristura nova: a esencia das concas chorosas.
Aférrome á porta pintada na nada: a túa imaxe. O lenzo abrázame con forza e a modo de revólver tiro cores e curvas túas no cuarto en tebras só amparado polos raios do flexo.
Cambias de posición, o cabelo lume cáeche agora no ombreiro. Deixaches de chorar para, petrificada, continuares co silencio. No cuarto vexo un espello, alÃ, no fondo, dáche as costas e reflicte o teu dorso débil, branco adornado de pencas entorpecidas polo corpiño vermello. O principio das túas nádegas en uve dobre, capitel de volutas, culminación das túas pernas xónicas. O éntase dos fustes nas cadeiras, percÃboo a anos luz do teu van, dende a miña material existencia. No chan, unha enorme maleta está estendida no retorno, fágome con ela e achégome á porta do cuarto de baño; está preparada unha bañeira de auga quente para limparche a nostalxia. Dilúoche o carmÃn en brillo prata e só me quedan, princesa Alina, os teus ollos nas tebras.
Envelenada de dor, choras. Baixas a cabeza. Non chores. Comezas a impar. O teu corpo estremece. Eu non atopo, musa, unha verba que cale na túa pel e free o torrente. Foxes dos meus brazos novamente deixándome inconcluso. Atópote anicada nun recuncho, continúas o teu voto de silencio pero o teu ollar é dunha verdadeira princesa, Alina, vestida da nudez máis perfecta, as mellores galas da creación. Os cachiños de cristais de lúa condénsanse nun mirar fulminante. A mestura adecuada é unha cor verde azulada que nace e instálase no máis profundo do lenzo. Volves á túa posición inicial e coa cabeza erguida, musa, cravas a túa mirada no espectador. Dende a primeira butaca observo a túa figura sedente cos labios vermellón entreabertos, o fondo branco e a mirada máis triste que xamais vin: o azul do mar pechado nuns ollos. Pouso o abanico de cores e déixote para sempre espida e triste, princesa Alina, para sempre pechada nun lenzo.
Eventos
« Febreiro 2024 » L M Mr X V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23* DÍA DE ROSALÍA - ANA CABALEIRO ás 8:30 pm 24 25 26 27 28 29 Axenda deKieran O'Shea