MÁXICO TEAR NATURAL en Boiro

cuberta_maxico_tear_natural.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Alvarellos Editora, a Galería Sargadelos do Barbanza e mais o Concello de Boiro convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do libro MÁXICO TEAR NATURAL, de Xosé M. Lobato Martínez, escritor e socio de Barbantia, nun acto que terá lugar o venres 30 de setembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Boiro, e no que estarán presentes, amais do autor, o directivo de Barbantia Xosé Ricardo Losada; o director da editorial, Henrique Alvarellos Casas; o director da Galería Sargadelos do Barbanza, Jesús Lojo Alcalde; o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro; e mais a concelleira de cultura do Concello de Boiro, Helena Teixeira Barcala.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en MÁXICO TEAR NATURAL en Boiro

Luz de tebra. Na librería ler d’a pobra

luz-de-tebra.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Edicións Xerais de Galicia e a librería Ler d´A Pobra do Caramiñal convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, nun acto que terá lugar na librería Ler d´A Pobra, o venres 24 de xuño, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, amais do autor, Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega; Fidel Vidal, pintor e escritor; Xosé Ricardo Losada, directivo de Barbantia; e Xesús Laíño, presidente de Barbantia.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Luz de tebra. Na librería ler d’a pobra

Maio rematará cunha intensa fin de semana literaria en Rianxo

fidel-vidal-foto.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Espiral Maior e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro de Fidel Vidal O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio, nun acto que terá lugar o venres 27 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, e no que estarán presentes, ademais do autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, director de Espiral Maior; Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega; Milagros Torrado, secretaria de Barbantia; e Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo en funcións.

airinos-foto.jpg

Así mesmo, a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Centro Cultural “Simón Varela” de Asados, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, o grupo de teatro “Airiños” e o Concello de Rianxo convídante á presentación do libro Cadro Artístico: Airiños. 75 aniversario, nun acto que terá lugar no Auditorio de Rianxo o sábado 28 de maio, ás 19:00 horas. Estarán presentes, entre outros, Xosé Luís Axeitos e Xesús Santos.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Maio rematará cunha intensa fin de semana literaria en Rianxo