Aurora Lestón Mayo presenta “O Vákner e o dragón”

aurora-leston-mayo.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Toxosoutos e o Concello de Muros convídante á presentación do libro O Vákner e o dragón, de Aurora Lestón Mayo, nun acto que terá lugar na Casa da Cultura do Esteiro (Muros) o venres 8 de abril, ás 20:30 horas. Amais da autora, estarán presentes Fernando Alonso Romero, catedrático de Historia e Cultura dos países de fala inglesa, da USC; David González Couso, director da Editorial Toxosoutos; Milagros Torrado Cespón, secretaria de Barbantia; e mais Laura Eiras, concelleira de cultura de Muros.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Aurora Lestón Mayo presenta “O Vákner e o dragón”

Encontro intelectual con Xosé Luís Méndez Ferrín e J. J. Moralejo Álvarez en Boiro

ferrin-2.png

A Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro convídante ao encontro intelectual entre Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e presidente da Real Academia Galega, e Juan José Moralejo Álvarez, profesor e catedrático de grego na USC, que, baixo o título “Á luz das palabras”, se celebrará na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro o sábado 26 de marzo, ás 12:00 horas.

moralejo-1.jpg

Guión do encontro:

1. O “mundo clásico” na poesía de Ferrín.
2. Gallaecia e as súas etimoloxías.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Encontro intelectual con Xosé Luís Méndez Ferrín e J. J. Moralejo Álvarez en Boiro

Anuario de estudos do Barbanza

Xa podedes consultar o contido íntegro dos Anuarios na sección “publicacións”

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Anuario de estudos do Barbanza